MTL

 


INFO DO CURSO E PROGRAMA

O curso de Monitoraxe de Actividades de Tempo Libre terá unha duración de 350 horas e dividirase en dúas fases, unha teórico-práctica e outra fase de prácticas.

A fase teórico-práctica terá unha duración mínima de 200 horas lectivas. Esta fase realizarase seguindo unha metodoloxía activa, dinámica e participativa. Non poderá desenvolverse en menos de 20 días, nin en xornadas de máis de 10 horas diarias. O 80% do total das horas lectivas corresponderán ós contidos fixados no programa mínimo establecido no Decreto 50/2000 do 20 de xaneiro polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, e o 20% restante adicarase a impartir as ensinanzas complementarias específicas da escola.

A fase de prácticas realizarase unha vez rematada a fase anterior. Constará dun mínimo de 14 días de actividade intensiva, que se realizará en campamentos, colonias, albergues, campos de traballo e outros, en bloques non inferiores a 3 días, ou de 150 horas de actividade periódica nunha entidade ou asociación que traballe no eido da educación no tempo libre.

As prácticas responderán a un proxecto elaborado polo participante no curso, que será orientado na súa elaboración e desenvolvemento polo titor de prácticas da escola onde realizou o curso designado a tal fin, que deberá formar parte do cadro de profesores da escola. O proxecto conterá os elementos básicos de toda intervención educativa e planificación no tempo libre. Durante o seu desenvolvemento será necesaria a existencia dun responsable de prácticas designado pola entidade receptora onde se vaia realizar, que posúa o título de monitor de actividades de tempo libre ou unha experiencia acreditada en animación socio-cultural. A fase de prácticas desenvolverase nun prazo máximo de 2 anos desde o remate da fase teórico-práctica.

Os requisitos para poder participar neste curso serán:

a)       Ter cumpridos 18 anos de idade no momento de inicio do curso.

b)      Estar en posesión de, polo menos, algún dos seguintes títulos:

a.       Graduado en educación secundaria, graduado escolar ou outro equivalente.

b.       Técnico auxiliar en formación profesional ou outro equivalente.


PROGRAMA

Módulo 1: Psicosocioloxía (25 horas)

  • Psicoloxía (5 h.)
  • Socioloxía (5 h.)
  • O grupo. Dinámica de grupos (10 h.)
  • Resolución de conflictos (5 h.)

 Módulo 2: Educación e tempo libre (20 horas)

  • Metodoloxía educativa. Educación e tempo libre con colectivos especiais: maiores, persoas con discapacidade, inmigrantes… A educación emocional (5 h.)
  • Educación para a paz, multiculturalidade e educación para a igualdade (5 h.)
  • Metodoloxía e programación. Avaliación e deseño de actividades (5 h.)
  • O educador/a de tempo libre (5 h.)

 Módulo 3: Animación (65 horas)

  • A animación no tempo libre (2 h.)
  • O xogo (8 h.)
  • Veladas de animación. Seráns e lumes de acampada (5 h.)
  • Expresión literaria (8 h.)
  • Expresión musical (5 h.)
  • Expresión dramática: corporal e oral (8 h.)
  • Expresión plástica (15 h.)
  • Medios audiovisuais e novas tecnoloxías aplicadas ó tempo libre (5 h.)
  • Animación deportiva (5 h.)
  • Obradoiro de creación de recursos (4 h.)

 Módulo 4: Educación ambiental e natureza (35 horas)

  • Educación ambiental (15 h.)
  • Interpretación do patrimonio (15 h.)
  • Técnicas de campismo (5 h.)

 Módulo 5: Educación para a saúde (30 horas)

  • Seguridade e hixiene nas actividades de tempo libre (5 h.)
  • Prevención das drogodependencias (5 h.)
  • Socorrismo e primeiros auxilios (10 h.)
  • Alimentación e nutrición. Educación para o consumo (5 h.)
  • Educación sexual (5 h.)

 Módulo 6: Organización e recursos (25 horas)

  • Lexislación (10 h.)
  • Recursos e axudas (10 h.)
  • Redes de información xuvenil (5 h.)