DTL

 


INFO DO CURSO E PROGRAMA

O curso de Director de Actividades de Tempo Libre terá unha duración de 300 horas como mínimo e constará dunha fase teórico-práctica e outra fase de prácticas.

A fase teórico-práctica terá unha duración mínima de 150 horas lectivas, que non poderán desenvolverse en menos de 15 días, nin en xornadas de máis de 10 horas diarias. O 80% destas corresponderá ós contidos fixados no programa mínimo establecido no Decreto 50/2000 do 20 de xaneiro, e o 20% restante dedicarase ó programa propio da escola. Realizarase seguindo unha metodoloxía activa, dinámica e participativa.

A fase de prácticas realizarase unha vez finalizada a anterior. Constará dun mínimo de 14 días de dirección dunha actividade de tempo libre, que se realizará en campamentos, colonias ou albergues cun mínimo de 50 participantes, ou en campos de traballo cun mínimo de 20 participantes, en bloques non inferiores a 3 días, ou de 150 horas de actividade periódica nunha entidade ou asociación que traballe no eido da educación no tempo libre.

As prácticas responderán a un proxecto de dirección dun equipo de monitores nunha actividade xestionada polo director nas súas fases de infraestructura, organización, execución e avaliación, dirixida a uns destinatarios concretos. Será elaborado polo participante e supervisado na súa elaboración e desenvolvemento polo titor de prácticas da escola onde realizou o curso designado a tal fin, e que deberá de formar parte do cadro de profesores da escola e posuir o título de director de actividades de tempo libre. Deberá conter os elementos básicos de toda intervención educativa e planificación no tempo libre. Así mesmo, durante o seu desenvolvemento será necesaria a existencia dun técnico responsable de prácticas designado pola entidade receptora onde se vaian realizar, que deberá posuír titulación universitaria ou título de director de actividades de aire libre. A fase de prácticas deberá desenvolverse nun prazo máximo de 2 anos desde o remate da fase teórico- práctica.

Os requisitos para poder participar neste curso serán:

  • Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.
  • Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.
  • Acreditar unha experiencia de traballo como monitor no campo da educación/animación no tempo libre de, alomenos, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.


PROGRAMA

Módulo 1: Dirección de equipos e liderado (25 horas)

  • O perfil do/a director/a de actividades de tempo libre (5 h.)
  • A dirección dun equipo de traballo (5 h.)
  • O equipo como base da intervención. Animación e dinámica dos equipos (10 h.)
  • A comunicación interpersoal (5 h.)

Módulo 2: Análise de realidades sociais (15 horas)

  • Técnicas básicas de intervención social. Fundamentos sociolóxicos do ocio e do tempo libre (5 h.)
  • Os ámbitos de intervención (5 h.)
  • Asociacionismo e participación na sociedade civil. O papel do voluntariado e do profesional (5 h.)

Módulo 3: Intervención educativa (25 horas)

  • As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre (4 h.)
  • A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre (4 h.)
  • Educación en valores: o ideario educativo (8 h.)
  • Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia (4 h.)
  • Asociacións como espacio educativo (5 h.)

Módulo 4: Xestión de actividades de tempo libre (85 horas) 

  • Planificación e deseños de proxectos de intervención (25 h.)
  • Estratexias de xestión (10 h.)
  • Organización e modelos organizativos (10 h.)
  • Administración, xerencia e xestión económica (15 h.)
  • Lexislación (15 h.)
  • Políticas e recursos institucionais: infancia e xuventude, terceira idade, muller, persoas con discapacidade, marxinación social, cooperación internacional (10 h.)