INFO DO CURSO E PROGRAMA
O curso de Dinamización de ludotecas e espazos de ocio terá unha duración de 120 horas como mínimo e constará dunha fase teórico-práctica e outra fase de prácticas, divididas do seguinte xeito:
Horas teóricas: 60
- presenciais: 40
- na rede: 20
O número de participantes para este curso establécese en mínimo 15 e máximo 20, podendo variar este número dependendo das condicións específicas do local onde se realiza o curso ou das preferencias da entidade organizadora.
PROGRAMA
Módulo 1. Introdución ás ludotecas e salas infantís. Enfoque educativo
Módulo 2. Organización da ludoteca
Módulo 3. Normativa e seguridade. Primeiros auxilios
Módulo 4. O monitor/a de ludoteca
Módulo 5. Programación de actividades e decoración temática
Módulo 6. Xogos e animación. Guía de xogos e recursos
- Actividades de interior
- Actividades de exterior
- Xogo e novas tecnoloxías
- Dinámicas de grupo
- Xogos de acción
- Xogos colaborativos
- Xogos de memoria
- Animación musical
- Animación á lectura e contos
- Obradoiros e manualidades infantís
- Os xoguetes