INFO DO CURSO E PROGRAMA
Socoroooo! Teño ós nenos na casa! é un curso que xurde durante o confinamento da COVID-19 ó ver os apuros de nais e pais para atopar recursos e actividades para facer cos rapaces/as na casa.
Este curso terá unha duración de 30 horas como mínimo divididas do seguinte xeito:
Horas teóricas: 30
- presenciais: 13
- na rede: 17
O número de participantes para este curso establécese en mínimo 15 e máximo 20, podendo variar este número dependendo das condicións específicas do local onde se realiza o curso ou das preferencias da entidade organizadora.
PROGRAMA
Módulo 1. Psicoloxía (8 horas)
- Psicoloxía evolutiva
- A familia
- Diferenciación de ciclos infantís por idades
- Resolución de conflitos
Módulo 2. O xogo (13 horas)
- Concepto e tipos de xogo segundo:
- Idades: motor, simbólico, regras
- Espazo: interior, exterior
- Adulto: libre, dirixido, presenciado
- Número de participantes: individual, grupo
- Actividade: sensorial, motor, manipulativo, simbólico, verbal e fantasía, educativo…
- Xogos de mesa
- Xogos tradicionais
- Xogo e novas tecnoloxías
- Dinámicas de grupo e xogo en familia
Módulo 3. Obradoiros na casa (9 horas)
- Obradoiros artísticos
- Obradoiros de cociña
- Obradoiros de contacontos
- Obradoiros musicais
- Obradoiros de expresión corporal e predeportivos
- Ximcanas e xogos de pistas de interior